Arousa Norte premia aos mellores petiscos da ruta + que tapas

17 Decembro 2019

A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte entregou esta mañá os premios aos establecementos gañadores da quinta edición da ruta + que tapas: Aljan (Ribeira), Mi Manda Picone (A Pobra do Caramiñal), Tres Catorce (Boiro) e A Lareira (Rianxo). A recompensa consiste nun diploma e a presenza no espazo de showcooking do Festival da Luz 2020, en Boimorto, onde poderán elaborar e amosar os petiscos galardoados ante os asistentes. No acto, ademais dos representantes dos referidos locais, estiveron presentes o presidente da Mancomunidade e alcalde de Boiro, José Ramón Romero; o rexedor de Rianxo, Adolfo Muíños; o mandatario local da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro; o concelleiro ribeirense de Relacións Institucionais, Turismo, Promoción e Dinamización Económica, Ramón Doval; e o propietario do local boirense A Pousada da Galiza Imaxinaria, Suso Santamaría.

Suso Santamaría, quen tamén se encargou da organización deste evento gastronómico, destacou que a participación foi “moi alta”, chegando ao reparto de case 5.000 tapas entre os 36 establecementos que tomaron parte desta cita nos catro concellos. En definitiva, “realmente un éxito.” Así mesmo, cualificou como “moi boa” a aceptación dos caldos proporcionados polos bodegueiros de Viños da Terra de Barbanza e Iria. Polo tanto, converteuse nunha convocatoria que lles permitiu tomar notas de cara ao próximo ano. No que respecta aos premios destinados ao público deste itinerario gastronómico, cen persoas poderán desfrutar do concerto exclusivo que se celebrará ás 20.00 horas do 28 de decembro, recibindo á xente cos petiscos gañadores e un viño da Terra de Barbanza e Iria. Tamén hai catro bonos gastronómicos a empregar nos locais gañadores desta edición.

Pola súa parte, o presidente da Mancomunidade e alcalde de Boiro, José Ramón Romero, expresou que agarda poder continuar o vindeiro ano con citas destas características. Ademais, considera que “foi un acerto” cambiar o formato, implicar aos bodegueiros e que cada municipio se convertese en parada desta ruta durante unha fin de semana. Do mesmo xeito, aproveitou a ocasión para facer un chamamento a toda a hostalería do Barbanza para que siga participando.

Finalmente, os gañadores expuxeron cal era o concepto de cada unha das súas tapas, en que se inspiraron e que produtos empregaron na súa elaboración.

Outros artigos

O Concello de Ribeira adxudica a renovación da Praza dos Estudantes

O Concello de Ribeira vén de adxudicar a renovación da praza dos Estudantes de Ribeira cun orzamento de 82.227,20 euros un prazo de execución de 6 meses. Segundo lembraron fontes do Consistorio, a praza dos Estudantes atópase moi deteriorada: “Ademais de presentar un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El día que yo me muera”. Manuel Dominguez

“El día que yo me muera”. Manuel Dominguez

El día que yo me muera me marcharé sin marchar, si tú quieres. Plante ese naranjo, hace años, muchos años, pensando en ti, ahora son tus naranjas, que yo cuide con esmero. El manzano, donde un día yo jugué hoy juegas con tu hijo, mi nieto, recuérdale que un día tu...