Entregados no Museo de Artes os diplomas do obradoiro O Gravado V33

16 Decembro 2019
Participantes no peche da actividade formativa/Imaxes: Concello de Ribeira (Abdón Dorca)

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) está nestes intres mergullado nunha iniciativa colectiva e colaborativa para dar forma á celebración do 140 aniversario da publicación de Aires da miña terra, de Manuel Curros Enríquez. Con este motivo, ao longo da fin de semana que vimos de deixar atrás (dende o venres 13 até onte) organizou o curso O Gravado V33, impartindo por un dos principais e máis prestixiosos colaboradores do museo: o catedrático da Universidade de Salamanca, José Fuentes Esteve, acompañado no seu cometido polo artista Antonio Navarro.

O taller rematou este domingo ao mediodía coa entrega de diplomas aos participantes. O obxectivo da actividade, como dixemos, foi contribuír ao aniversario da publicación do poemario Aires da miña terra. Para isto, o museo realizará unha exposición e editará o ano vindeiro un volume ilustrado da dita obra literaria capital da nosa cultura. As e os participantes no curso celebrado estes días colaborarán na mostra e na ilustración do volume coas obras realizadas no obradoiro de gravado.

Na clausura celebrada este domingo participaron o alcalde de Ribeira e presidente da Fundación Museo de Artes, Manuel Ruiz; xunto coa deputada provincial Sandra González e Pastor Rodríguez como director do museo. Amais de entregar os diplomas aos asistentes do obradoiro, sinalaron que este terá a súa continuidade asegurada, “xa que xa hai demanda para unha segunda convocatoria, incluso con lista de espera”. Manuel Ruiz expresou o compromiso da fundación de seguir lanzando accións que redunden na apertura do Museo do Gravado á sociedade.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.