Presentadas as tres primeiras ferramentas de Nós: un tradutor, un recoñecedor de voz e unha aplicación que le na nosa lingua

05 Xuño 2023

O Proxecto Nós, integrado pola Xunta (Consellería de Cultura e Educación, Secretaría Xeral de Política Linguïstica), o Instituto da Lingua Galega (ILG) e o centro CiTIUS da USC, celebrou este luns 5 de xuño a presentación dos detalles das súas tres primeiras ferramentas: ferramentas destinadas a facilitar a integración da lingua galega no ámbito da Intelixencia Artificial e das tecnoloxías disruptivas. O encargado de dar a coñecer os proxectos foi o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez. Trátase, dixo, “de 3 aplicacións sen precedente en Galicia que permitirán a interacción en lingua galega entre as persoas usuarias e os dispositivos tecnolóxicos”.

Presentación dos proxectos do Edificio Fontán (imaxes de Santi Alvite, da USC)

No acto, que tivo lugar no edificio Fontán da Cidade da Cultura, sede do Proxecto Nós, tamén participaron o reitor da USC, Antonio López; o director do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS), Senén Barro; o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Julián Cerviño, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora do Instituto da Lingua Galega (ILG), Elisa Fernández.

O titular de Cultura e o reitor referíronse en concreto ao primeiro tradutor neuronal multilingüe feito en Galicia, ao recoñecedor de voz que entende o galego oral e o converte a texto e á aplicación de síntese de voz que, a partir dun texto, é quen de ler en lingua galega. Rodríguez lembrou que un exemplo das aplicacións desta última ferramenta xa se puido ver no anuncio institucional que a Xunta lanzou polas Letras Galegas 2023, onde “presentamos a primeira locución da historia en lingua galega xerada por Intelixencia Artificial grazas ás capacidades desta iniciativa”, indicou, engadindo que o tradutor xa se atopa dispoñíbel e que os outros dous recursos tecnolóxicos estarano en breve para calquera persoa, empresa ou proxecto, que poderán empregalos de maneira gratuíta. Segundo fixeron saber Rodríguez e López, “permitirán non só reforzar a proxección exterior do galego, senón tamén a expansión económica do lingua como vehículo de comunicación nos mercados globais”.

Próximos obxectivos
No acto sinalouse tamén que o Goberno galego e a Universidade de Santiago de Compostela “continuarán traballando na recompilación de voces que reflictan a gran variedade fonética e dialectal que existe por toda Galicia”, o que permitirá seguir mellorando os modelos de ferramentas actuais, ao tempo que se desenvolverán novos modelos multilingües en cooperación cos proxectos equivalentes a Nós para o resto de linguas do Estado. Ademais, “queremos fortalecer as aplicacións que se farán en eidos como o sanitario, o educativo, o asistencial…” concluíu o titular de Cultura.
Nós
Impulsado inicialmente pola Xunta e a Universidade de Santiago, o Proxecto Nós, que foi incluído no PERTE Nova Economía da Lingua, “supón o maior investimento directo na promoción do galego de toda a historia de Galicia”, explicou Rodríguez.
A este traballo a prol da inclusión da lingua galega no mundo dixital e das tecnoloxías súmanse outras accións impulsadas ou apoiadas polo Goberno galego como son a opción de configurar en galego tanto a aplicación musical Spotify como o novo modelo de calculadoras ClassWiz de Casio, así como os acordos con plataformas audiovisuais como Netflix ou Amazon Prime para incluír títulos dobrados ou subtitulados nas linguas cooficiais.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.