A Catedral de Santiago celebra o Día Internacional dos Arquivos con visitas guiadas e unha exposición

04 Xuño 2023


O 9 de xuño celébrase o Día Internacional dos Arquivos, que conmemora a creación do Consello Internacional de Arquivos en tal día do ano 1948. O Cabildo do S. a. M. I. Catedral de Santiago de Compostela e o seu Arquivo- Biblioteca organizan varias xornadas para promover o valor do Arquivo da
Catedral e dos arquivos en xeral ao servizo da investigación, a cultura, a memoria e a transparencia.
 Xornadas de Puertas Abertas para que calquera cidadán poida acceder e coñecer directamente os espazos, funcionamento e fondos do Arquivo Catedralicio, mediante a organización de visitas guiadas e gratuítas, á vez que continuarán os servizos habituais do centro, incluído o de consulta en sala. Este ano as xornadas realizaranse desde o día 5 ata o 9 de xuño.

As visitas constarán de: Un percorrido explicativo polas estancias do Arquivo e Biblioteca, con acceso
non só ao área pública senón tamén ás salas de catalogación e aos depósitos bibliográficos e arquivísticos, onde se custodia o valioso patrimonio documental da Catedral, incluíndo a Sala Capitular e a Biblioteca Histórica Capitular.
ou Na Sala López Ferreiro poderanse apreciar tres documentos orixinais dos máis representativos do Arquivo: o Códice Calixtino, un dos máis valiosos de Galicia e da Igrexa de España, clave no estudo do
culto ao Apóstolo e do Camiño de Santiago (no ano 2017 a UNESCO galardoou ao Arquivo co diploma que o acredita como Memoria do Mundo da UNESCO); o Tombo A, cartulario dos séculos XII e XIII
ilustrado cos retratos dos reis de Asturias, Galicia, León e Castela; e o Breviario de Miranda, manuscrito para uso litúrxico realizado no século XV, destacando as súas espectaculares miniaturas.
Na Biblioteca Capitular visitarase a exposición “Un novo arcebispo en Santiago: Miguel Ferreiro e Esgueva (1723-2023)” con motivo da toma de posesión de don Francisco José Prieto Fernández como novo
arcebispo o sábado 3 de xuño e en conmemoración do tricentenario da posesión do arcebispo Miguel Ferreiro e Esgueva. Os documentos permanecerán expostos desde o 2 ata o día 11 de xuño.
ou Ao rematar, os visitantes recibirán un agasallo de recordo.
Como sempre, os interesados poden acceder a toda a información sobre a nosa institución na páxina web do Arquivo:
http://catedraldesantiago.es/cultura/#arquivo .

DATOS VISITAS GUIADAS DÍA INTERNACIONAL DOS ARQUIVOS

  • Días e horarios:
    ou Luns 5 de xuño de 2023 (16:30)
    ou Martes 6 de xuño de 2023 (18:00)
    ou Mércores 7 de xuño de 2023 (18:00)
    ou Xoves 8 de xuño de 2023 (10:30 e 18:00)
    ou Venres 9 de xuño de 2023 (10:30, 16:30 e 18:00)
  • Duración da visita: 60 minutos aprox.
  • Grupos de ata 15 persoas (máximo).
  • Imprescindible realizar reserva previa (reserva aberta ata
    completar prazas o mesmo día da visita unha hora antes).
  • Información e reservas:
    ou Teléfono: 981 57 56 09 Atención: Luns-Venres (09:00 – 13:30) e
    Luns-Mércores (16:30 – 19:00)
    ou E-mail: archivo@catedraldesantiago.es
    ou As reservas tomaranse por estrita orde de recepción de chamadas
    e/o correos.

Outros artigos

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.