Tres positivos en alcol e outro en cocaína nun control da Policía Local de Ribeira

11 Maio 2023

A Policía Local de Ribeira denunciou a catro condutores por infraccións contra a seguridade viaria durante a noite do mércores. A vixilancia, realizada na contorna da avenida do Malecón, saldouse con tres positivos en alcol e outro en cocaína nas respectivas probas realizadas.

A pesar de que ningunha das persoas denunciadas por conducir cunha taxa de alcol superior a 0,25 cometeu unha infracción constitutiva de delito —para iso deberían superar o 0,65 no control de alcoholemia—, estas foron propostas para unha sanción administrativa que pode carrexarlles a perda de catro a seis puntos do carné, ademais dunha multa que pode oscilar dos 500 aos 1.000 euros.

No caso do condutor que lanzou un resultado positivo en cocaína, a súa infracción podería carrexarlle a perda de seis puntos no permiso e unha sanción económica de 1.000 euros.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.