En Ribeira os campamentos de conciliación abren a súa preinscrición o 24 de maio

11 Maio 2023

DATAS, PRAZAS, LUGAR E HORARIOS:
CAMPAMENTO DE VERÁN “XOGA CON NÓS”
Período: do 3 de xullo ao 31 de agosto de 2023.
Número de prazas: 120 participantes. Agrupamento máximo de 30 participantes.
Destinatarios: Nenas e nenos nados de 2014 a 2019 – escolarizados e sen cueiro-.
O horario: de 09:00 h. a 14:00 h. (A entrada poderá facerse a partir das 8:30 h e a recollida
ata as 14:30 h)
Lugar: CEIP O Grupo de Ribeira

CAMPAMENTO DE INGLÉS “CAMP OF CULTURAL SUMMER”
Período: do 3 de xullo ao 31 de agosto de 2023.
Prazas: 30 participantes.
Destinatarios: Nenas e nenos nados de 2010 a 2013.
Horario: de 09:00 h. a 14:00 h. (A entrada poderá facerse a partir das 8:30 h e a recollida
ata as 14:30 h)
Lugar: CEIP O Grupo de Ribeira

CAMPAMENTO URBANO
Períodos: Do 22 ao 30 de xuño de 2023 e do 1 ao 8 de setembro de 2023.
Prazas: 50 participantes.
Destinatarios: Nenos e nenas nados de 2010 a 2019 – escolarizados e sen cueiro-.
Horario: de 09:00 h. a 14:00 h. (A entrada poderá facerse a partir das 8:30 h e a recollida
ata as 14:30 h).
Lugar: Punto de encontro e recollida: CEIP O Grupo de Ribeira
NOTA: A empresa adxudicataria ofrecerá servizo de madrugadores (de 8 a 9h) e comedor
(de 14 a 16h) sempre e cando se inscriban un mínimo de 10 participantes en
madrugadores; e un mínimo de 15 en comedor para cada un dos períodos. Estes servizos
serán abonados directamente polas familias á empresa previa contratación privada.
Admisión de participantes con diversidade funcional:
As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% poderán participar
nesta convocatoria cumprindo os seguintes requisitos:

  • Facer constar a súa condición no impreso de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais
    necesarios, se os precisara.
  • Presentar o certificado oficial de grao de discapacidade no momento da solicitude e que no
    mesmo non se recolla a necesidade de axuda dunha terceira persoa.
  • Ter capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais
    lles permitan participar e beneficiarse das actividades que se van desenvolver.
  • Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
  • Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van
    desenvolver.

PREZOS:
*No momento da preinscrición as familias deberán elixir a modalidade que corresponda:
Campamento de verán “Xoga con Nós”:
 Prezo de Matrícula: Xullo: 85 € – Agosto: 85 € – Xullo e Agosto: 150 €
Prezo bonificado: Xullo: 68 € – Agosto: 68 € – Xullo e Agosto: 120 €
Campamento de inglés “Camp of cultural summer”:
 Prezo de Matrícula: Xullo: 95 € – Agosto: 95 € – Xullo e Agosto: 170 €
Prezo bonificado: Xullo: 76 € – Agosto: 76 € – Xullo e Agosto: 136 €
Campamento urbano:
 Prezo de Matrícula: 42 €
Prezo bonificado: 33,60 €
Verán completo:
 Prezo de matrícula: Xullo e Agosto de “Xoga con Nós” + Campamento urbano: 180 €
Prezo bonificado: Xullo e Agosto de “Xoga con Nós” + Campamento urbano: 144 €
 Prezo de matrícula: Xullo e Agosto “Camp of cultural summer” + Camp. urbano: 200 €
Prezo bonificado: Xullo e Agosto “Camp of cultural summer” + Camp. urbano: 160 €

REQUISITOS PARA BONIFICACIÓNS:
Aplicarase un desconto do 20% sobre o importe de matrícula, aos fillos/as das familias
que reúnan algunha das seguintes condicións ou circunstancias, e así o acrediten
previamente no momento da preinscrición mediante a aportación dos documentos
pertinentes (non serán acumulativos no caso de darse máis dunha circunstancia):

  • Familias que teñan a obtención do TÍTULO DE FAMILIA NUMEROSA.
  • Familias acolledoras ou monoparentais que o acrediten documentalmente co certificado oficial.
  • Familias con dous ou máis inscritos/as nesta actividade: o desconto aplicaríase na matrícula do
    segundo fillo/a e sucesivos.
  • Familias nas que, ao menos, un dos seus membros sexa DESEMPREGADO/A DE LONGA
    DURACIÓN (que teñan acreditado un período de inscrición ininterrompido como
    desempregados/as na oficina de emprego de 180 días se fosen menores de 25 anos ou de 45
    ou máis anos de idade, e de 365 días se fosen maiores de 25 e menores de 45 anos de idade,
    debendo presentar vida laboral e/ou certificado de períodos de inscrición na Oficina de
    Emprego).
  • Familias nas que o propio participante acredite unha DISCAPACIDADE DE AO MENOS O 33%
    (acreditando tal condición co certificado de discapacidade).

PRAZOS E FORMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Ábrese un prazo de preinscrición do 24 de maio ao 5 de xuño de 2023 (ambos inclusive).
As solicitudes faranse a través do Rexistro Xeral do Concello de Ribeira:

As solicitudes faranse a través do Rexistro Xeral do Concello de Ribeira:

  • De maneira presencial na Oficina de Atención Cidadá do Concello (atención ao
    público de 9.00 h. a 14.00 h.) presentando a ficha de inscrición cuberta, folla de
    autorización, copia do DNI do participante e do pai/nai/titor e demais documentación
    esixida.
  • De forma telemática (necesario certificado dixital) a partir das 9:00 h do 24 de maio a
    través da web www.ribeira.gal no seguinte apartado –SEDE ELECTRÓNICA- TRÁMITES
    DESTACADOS – SOLICITUDE XENÉRICA. Deberase tramitar a solicitude de carácter xeral
    e axuntar a ese procedemento a ficha de inscrición cuberta, folla de autorización
    asinada, copia do DNI do participante e do pai/nai/titor así como o resto da
    documentación obrigatoria.
    Documentación OBRIGATORIA e que se deberá xuntar á solicitude:
  • Ficha de inscrición debidamente cuberta (Anexo I).
  • Autorización de participación debidamente cuberta (Anexo II).
  • DNI ou folla do libro de familia correspondente ao participante.
  • DNI do pai/nai/titor responsable.
  • Certificado de empresa (si corresponde, de cada proxenitor) ou declaración
    responsable no caso de autónomos, para ter en conta o criterio da prioridade na
    admisión (se non se presenta acompañando á solicitude non se terá en conta e
    non poderá ser emendado cara ao criterio de prioridade na admisión).
  • Se ten dereito a bonificación do prezo da matrícula deberá presentar ademais
    copia da documentación acreditativa: título de familia numerosa, certificación de
    familia acolledora, certificación de discapacidade, certificación de
    monoparentalidade, acreditación de desemprego de longa duración, etc.

LISTAXES DE ADMISIÓN E AGARDA:
As listaxes de admisión, agarda e vacantes publicaranse o 8 de xuño. As listaxes publicaranse
na páxina web do Concello de Ribeira, www.ribeira.gal e nas redes sociais de ENTÉRATE
CULTURA E FESTEXOS. Tendo en conta a protección de datos de carácter persoal, na lista
publicarase o nº de rexistro de entrada da solicitude.
Os requisitos para a participación en caso de superar as prazas ofertadas serán os seguintes
por orde de prelación:

  • Persoas empadroadas no municipio de Ribeira.
  • Familias monoparentais nas que traballe o proxenitor.
  • Familias nas que traballen os dous proxenitores.
  • Familias nas que traballe un dos proxenitores.
  • Por rigorosa orde de inscrición segundo o número do Rexistro.
  • Empadroados noutro municipio.
    Se quedasen solicitude en agarda iranse cubrindo as baixas por orde de inscrición segundo a
    listaxe de espera. Nestes casos o departamento de cultura contactará previamente co
    solicitante para comunicarlle dita circunstancia.
    Se quedasen prazas vacantes dispoñibles, poderanse facer novas inscricións dos xeitos
    anteriormente citados nos prazos a determinar pola Concellería de Cultura, sendo cubertas as
    vacantes por rigorosa orde de solicitude.

PAGAMENTO:
As persoas que aparezan como admitidas na listaxe deberán realizar o pagamento do
importe correspondente (con ou sen bonificación) mediante autoliquidación do 12 ao 21 de
xuño. Aqueles participantes admitidos que non realicen o pago neses prazos non poderán
asistir á actividade e serás dados de baixa en beneficio da listaxe de agarda.
*INSTRUCCIÓNS DE REALIZACIÓN DE PAGO: Entrar na web municipal www.ribeira.gal, no
apartado SEDE ELECTRÓNICA-RECIBOS E IMPOSTOS-AUTOLIQUIDACIÓNS AVANZADAS-
TRIBUTO: PRECIO PÚBLICO ACTIVIDADES CULTURAIS, e cubrir os datos que se requiren
seleccionando no apartado datos de cálculo “OPCIÓN DO CAMPAMENTO CORRESPONDENTE
– BONIFICACIÓN: SI OU NON”. O pago poderá facerse directamente a través da opción PAGAR
ONLINE ou IMPRIMIR RECIBO e realizalo na sucursal bancaria ou no seu caixeiro.
Unha vez realizado o pagamento deberase entregar a xustificante do mesmo ao monitorado
o día de comezo da actividade; será requisito indispensable para o acceso e participación na
actividade, senón non poderán entrar.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...