Ponte cultural en Rianxo

05 Decembro 2019

O municipio rianxeiro propón para esta ponte varias actividades. Así, a Sala Arcos Moldes do Auditorio municipal albergará hoxe, ás 21.00 horas, o II Memorial Mireya Dieste cun concerto de piano con Margarita Viso Soto e Javier Ares Espiño.

Continuando con música, o espazo referido anteriormente será escenario o sábado 7, ás 18.00 horas, do XIV Festival de Corais de Arousa e Ulla coa Coral San Salvador de Camanzo (Vila de Cruces), a Coral Polifónica Círculo Mercantil de Ribeira e a Coral Abraira de Asados (Rianxo).

Por outra banda, a parroquia de Araño celebrará o sábado 7 e o martes 10 as festas de Santa Baia. Na xornada do sábado haberá bombas de palenque, torneo de truco, espazo creativo para os máis novos e degustación de callos, mentres que a noite será amenizada por Puzzle e José Manuel, da orquestra Abanico. A Misa cantada oficiarase o martes ás 12.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.