
O concello de Outes vai coller no Centro Social unha nova edición das Xornadas Sociosanitarias (convocatoria XVII) que organizan José Dios Diz, médico local de Atención Primaria e o Centro de Saúde, o Concello, a asociación ADISBISMUR, e a USC, entre outras entidades.
Desta volta a sesión porá o foco nos cancros que veñen de fóra, como o provocado polo virus do papiloma, e as mellores metodoloxías para afrontalos e comprendelos. A charla será impartida polo doutor Jorge Mira Pérez, catedrático do departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago. A cita será o 27 de abril ás 18.30 horas no Centro Social de Outes. As persoas interesadas en acudir deberán contactar co número 981 850 575.
Ao remate do acto, como vén sendo costume, o relator será agasallado con unha figura de artesanía feita polos usuarios de ADISBISMUR Valadares (Outes).




