O BNG de Outes presenta a súa candidatura para “liderar o goberno” e “abrir un tempo novo no concello”

21 Abril 2023

O BNG de Outes vén de facer pública a súa candidatura completa. Un total de 22 persoas, 11 homes e 11 mulleres, fan parte da lista da agrupación nacionalista en Outes para as eleccións municipais do 28 de maio. Logo de anunciarse a Anxo Núñez Fernández coma candidato á alcaldía en decembro, a organización fixo un intenso traballo para confeccionar o que sería, en palabras do grupo, “o mellor equipo posíbel para dar forma ao goberno que Outes precisa”.

Anxo Núñez Fernández

Segundo explicaron, a candidatura “combina o saber facer de 9 candidatas con ampla experiencia e veteranía no BNG xunto coa forza e ideas novas dunha gran ampliación con 13 novas compañeiras”. Tamén puxeron o foco nos firmes alicerces da proposta: “O BNG é un equipo forte e cohesionado que ten un proxecto claro de futuro para o noso concello e ten a paixón para levalo adiante”.

En palabras de Anxo Núñez “O BNG sae a por todas. A partir deste 28 de maio queremos liderar o goberno de Outes para sacalo da súa parálise e comezar a converternos nun referente de boa xestión. Temos o equipo perfecto, o proxecto e as ganas para podermos asegurar que o BNG é a única alternativa que pode garantir un goberno aberto a toda a veciñanza e que realmente atenda as

necesidades do noso territorio”.

Engadiu que “nestas eleccións só hai dúas opcións: seguir no inmobilismo e na decepción da última década ou apostar polo cambio transformador do BNG en Outes. Levamos tempo recibindo moitas mensaxes de apoio e ilusión. O BNG está en moi bo momento e estamos seguros de que nestas eleccións imos dar a sorpresa en Outes”.

A número 2 da candidatura, Sol Agra, apuntou que “en Outes témolo todo, precisamos coidar o que está feito e escoitar o que precisa a xente que vive aquí. Temos unha visión de como queremos que sexa o noso concello que inclúe proxectos novidosos e con futuro, pero sen esquecer que o primeiro é ter as estradas sen fochas e as cunetas rozadas”.

O BNG, engadiu, “non se para no personalismo e ofrece un equipo traballador e cohesionado que o dará todo, e máis, para que nas vindeiras eleccións de maio Outes abra un tempo novo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.