A Xunta abre este martes o período de solicitude de praza nos campamentos e nos campos de voluntariado da Campaña de Verán 2023

17 Abril 2023

A Xunta de Galicia abrirá mañá martes o prazo de solicitude de praza tanto nos campamentos como nos campos de voluntariado en Galicia da Campaña de Verán de 2023. No caso do programa de campamentos, o prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles, logo de que hoxe se publicara no Diario Oficial de Galicia (DOG) a súa convocatoria. Pola súa banda, as bases que regulan a oferta de prazas nos campos de voluntariado poden consultarse na páxina web de Xuventude.

A campaña de verán deste ano ten como lema ‘O verán que sempre vas lembrar’ e contará cun total de 11.200 prazas para mozas e mozos entre os 9 e os 30 anos de idade en campamentos, campos de voluntariado (en Galicia, noutras Comunidades Autónomas e no estranxeiro), minicampamentos e outras propostas. En total, a Xunta pon a disposición da xente nova 36 instalacións para o desenvolvemento dos campamentos e 46 campos de voluntariado, incluídas as cinco quendas das Cíes.

Entre as novidades do programa destaca un novo campamento na Illa de San Simón, en Redondela e o desenvolvemento de novos campos de voluntariado en en Santa Comba, Viana do Bolo e Pantón. Así mesmo, os concellos de Vilar de Santos e Allariz compartirán un campo de voluntariado; e en Castro de Rei terá lugar outro específico para mozos galegos no exterior. Ademais, recupéranse os intercambios con Madrid e Cantabria e se pon en marcha un novo en Castela-A Mancha.

As solicitudes para os campamentos e os campos de voluntariado presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, ben a través da sede electrónica da Xunta de Galicia para o caso dos campamentos, ou ben mediante formulario en liña na páxina de Xuventude no segundo caso.

A programación estival complétase coa proposta ‘Coñece Galicia’ en establecementos turísticos da Comunidade Autónoma, que se dará a coñecer en vindeiras datas.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.