O Festiritititi celebra unha xornada de inclusión a través do xogo

03 Decembro 2019

Usuarios da Asociación Amicos e máis de 600 escolares do concello de Boiro adentráronse no Festiritititi para desfrutar dunha xornada de inclusión no parque da Cachada, en Boiro. Así, nenos e nenas do CEIP Santa Baia, CEIP Praia Xardín, CEIP Abanqueiro, CEIP Cespón, CEIP Escarabote, CEIP Santa María do Castro e IES Praia Barraña uníronse á familia de Amicos no Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional para promover a inclusión real a través de numerosas actividades: xogos populares, oca xigante, pano, tira da corda, saltar a corda, atrapa o rabo, atrapa o topo, paracaídas, volei-globo, obradoiro de chapas e obradoiro con material de refugallo.

Ademais, o evento contou coa presencia de numerosas autoridades, para as cales tiñan preparado un xogo especial: o futbolín humano. Deste xeito, o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, exerceu de dianteiro e demostrou as súas dotes con este xogo, ao igual que o alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro; a directora de relacións institucionais de Jealsa, Margarita Hermo; ou a concelleira de Política Social de Boiro, Marisa Collazo; entre outros.

A presidenta da Asociación Amicos, Esther Vidal, manifestou que era un día “moi importante porque se recoñece que as persoas con discapacidade teñen os seus dereitos e loitaremos por iso.” Tamén expresou o seu agradecemento a todas aquelas persoas e institucións que prestan a súa axuda e se implican, pois “necesitamos apoios e que lle dean unha oportunidade nesta sociedade ás persoas con discapacidade.”

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, deu as grazas á sociedade civil, xa que “as actuacións no ámbito da discapacidade, no ámbito da atención ás persoas con discapacidade, se non tivéramos entidades como son Amicos ou o resto de entidades, ía ser moi difícil poder chegar a todas as persoas que o necesitan.” Do mesmo xeito, deulle as grazas aos alcaldes pola súa colaboración. Así mesmo, apostou por unha atención próxima e concluíu dicindo que “o que estamos facendo é multiplicar os nosos recursos contando, fundamentalmente, coas entidades e coa colaboración dos alcaldes e poñendo indudablemente os recursos públicos para poder chegar ao recoñecemento dos dereitos que teñen as persoas con discapacidade e o camiño que entre todos debemos facer para garantir unha vida o máis autónoma e o máis independente posible.”

Pola súa parte, o tenente de alcalde de Boiro, José Luís Ruiz, desexou que todos desfrutasen do día, “e nós desde o Concello encantados de que conten con nós para esta celebración, poñernos á súa disposición sempre que o necesiten para o que eles estimen oportuno.” Ademais, agarda que en próximas convocatorias volvan contar co Concello de Boiro para desfrutar do Festiritititi.

Na súa intervención, a directora de relacións institucionais de Jealsa, Margarita Hermo, expresou que “se algo nos enriquece como sociedade é isto, a integración. E empezar cos máis cativos é fundamental.” Neste senso, explicou que un dos eixos principais do programa de responsabilidade social corporativa de Jealsa é traballar cos máis pequenos e con persoas con capacidades diferentes, polo que, cando recibiron o convite de Amicos, “nos sentimos moi honrados e moi agradecidos porque creo que é unha iniciativa fantástica, que se debería extrapolar a moitos máis concellos e a moitas máis entidades”, xa que este tipo de encontros “enriquécenos a todos e fai que non haxa ningunha diferencia porque, ao final, as diferencias non existen mais que na nosa mente.”

Para rematar a xornada, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acudiu ao finalizar o espectáculo de maxia e entregou os diplomas a cinco alumnos da acción formativa Inclusión a través do xogo, curso de 25 horas impartido pola Asociación Amicos e financiado por esta Dirección Xeral.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.