O Concello entrega o premio do concurso En Outes de Tapas ao Restaurante Fera

04 Abril 2023

Este 3 de abril, o Concello de Outes, fixo entrega do premio á mellor tapa correspondente á primeira edición do concurso En Outes de Tapas ao Restaurante Fera, pola súa Tapa do Pumar.

O galardón foi entregado aos responsábeis do establecemento de mans do alcalde Manuel González, quen lles deu os seus parabéns polo bo traballo realizado.

O Restaurante Fera, emprazado no número 7 da rúa Pumar (Cando, Outes), é un dos grandes referentes da nosa comarca en materia de cociña galega e produtos de proximidade.

O Concurso de Tapas en Outes celebrou a súa máis recente edición entre o 3 e o 11 do pasado mes decembro, acadando unha grande aceptación entre os veciños e visitantes. A nota predominante foi a calidade das tapas que cada local puxo en concurso e a alta participación. Os datos resultantes, despois do reconto, din que foron case 2.600 tapas servidas e cunha valoración moi alta de todas elas por parte dos participantes.

Nesta edición participaron o Restaurante Asador Albatros, o Restaurante Pepe do Coxo e o Restaurante O Taboleiro, do Freixo; Casa Amanda e Joh Turkey, da Serra de Outes; A Nosa Taberna e Casa Roque de San Ourente e Restaurante Fera.

A tapa mellor valorada polos participantes foi como dixemos a Tapa do Pumar, do Restaurante Fera, en Cando.

Outros artigos

A RAGC e a UIE distinguen a Rubén Lado, investigador de Outes

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...