Olloboi celebrarase en Boiro entre o 22 e o 26 de maio

03 Abril 2023

Boiro acolle o festival de cine audiovisual Olloboi que se celebrará entre o 22 e o 26 de maio e no que está previsto que participen uns 150 escolares de diversos centros. A concelleira de cultura, María Outeiral, e as organizadoras de Olloboi, Ana Moreiras e Sara Hermo, falaron máis polo miúdo do programa deste ano.
“Olloboi da este ano un salto cualitativo xa que vai a durar oito días e a programación é moito mais completa ao incluír presentación de libro, proxeccións, encontros coa xuventude…”, afirmou Ana Moreiras, organizadora do festival. O venres 26 será o propio día do festival, cun formato moi
semellante ao do ano pasado, coa muchachada e a visualización das curtas.
A organización contará cuns 25 cómplices este ano, profesionais do cine que están a desenvolver proxectos e colaboran no desenvolvemento do festival. Entre os cómplices hai xente do equipo de As Neves, como Lucía Catoira e Silvia Fuentes; xente de Honey Moon, como Lorena Vilas e Quique
Otero; xente do Quipo de Cuñados; Lucía Estévez; Leticia T. Blanco…
“Este ano introducimos tamén unha colaboración con todos os centros educativos de primaria e secundaria do municipio para facer unha curta por cada centro educativo e que se proxectarán no Pazo de Goiáns”, afirmou Sara Hermo. Nesta ocasión vanse levar a cabo tamén obradoiros para os centros de
secundaria sobre cine e creación de contidos e aspectos técnicos do cine.
A concelleira de Cultura, María Outeiral, resaltou o gran traballo que realizan dende o equipo de Olloboi en colaboración cos cómplices para levar a cabo un festival como este que “que vai a mais cada ano, cada vez conta con máis participación e que leva a cultura e o mundo audiovisual aos centros de ensino e aos nosos rapaces e rapazas e pon a Boiro no mapa do audiovisual”

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.