A Xunta destina 6,5 millóns a axudas para actuacións de embelecemento en 73 concellos da costa

01 Abril 2023

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro presentou este sábado 1 de abril as novas axudas da Xunta para o embelecemento do litoral, destinadas a concellos e establecementos turísticos, que contan cun orzamento de máis de 6,5M€.

Segundo fixo saber, o Plan Litoral de Galicia, aprobado no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (e financiado pola UE ao abeiro dos Fontos NextGeneration), conta cunha dotación orzamentaria de 29,3 M€, achegando 3 Accións de Cohesión en Destinos (ACD), promovidas pola Xunta de Galicia por importe de 11,3 millóns de euros, e 10 Plans de Sustentabilidade Turística en Destino impulsados por entidades locais, mancomunidades e Deputacións por importe de 18 millóns de euros, entre as cales está o concello de Marín, que porá en marcha o PSTD Marín, dotado con 2M€

As axudas ao embelecemento enmárcanse na ACD Rehabilitación de recursos emblemáticos do litoral galego. Estes apoios teñen como obxectivo principal “fomentar actuacións de rehabilitación de espazos singulares, promover accións que contribúan a unha maior integración coa paisaxe e respecto dos valores ambientais, a dixitalización de recursos con potencial turístico, así como a mellora da fachada turística e a corrección de impactos paisaxísticos en zonas costeiras”.

Distínguense dúas liñas de axuda, unha dirixida a concellos, cun importe de 4.475.000 euros, e outra dirixida a establecementos turísticos, cun importe de 2.075.000 euros.

Nas axudas a concellos o orzamento divídese en tres liñas de actuación subvencionábeis: transición verde e ecolóxica, cun orzamento de 2.700.000 €, transición dixital, cun orzamento de 675.000 € e transición accesíbel e inclusiva, cun orzamento de 1.100.000 €.

Na liña de axudas dirixida a establecementos turísticos poderán ser persoas beneficiarias as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración situados en municipios costeiros, que teñan autorizado ou clasificado o establecemento no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia.

Poderán solicitalas os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos e albergues turísticos; así como restaurantes, cafeterías e bares.

Estas axudas a establecementos turísticos divídese en dúas liñas de actuación obxecto de subvención: tecnoloxías ambientais, cun orzamento de 1.125.000 € e mellora da fachada turística do litoral, cun orzamento de 950.000 €.

Outros artigos

En Portosín xa se respira o nacional de ILCA 4

Juan Caballero (texto e fotos). A ría de Muros e Noia será escenario, do 1 ao 5 do próximo mes de maio, do Campionato de España de ILCA 4 (anterior Láser 4.7), modalidade por excelencia xuvenil na vela española e que achegará á comarca do Barbanza a 150 regatistas...

+

Luns con nubes e claros e choivas cara o serán

O luns será unha xornada de transición coa chegada dunha fronte pola noite. Así, teremos unha mañá de néboas en comarcas do interior que irán deixando ceos pouco nubrados, co avance da mañá irán aumentado as nubes desde o oeste, con chuvias que se irán xeneralizando...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

O 8 de abril de 1966 entrou en vigor a Lei 14/1966, de 18 de marzo, de Prensa e Imprenta que o mundo do xornalismo da época coñeceu en España como "a Lei Fraga de liberdade de prensa". Non houbo tal: o 24 de setembro de 1973 -dous anos antes de que finara Francisco...