O papa nomea ao bispo auxiliar de Santiago, Monseñor Francisco Prieto, novo Arcebispo Metropolitano de Compostela

01 Abril 2023

Dous anos da súa ordenación como bispo auxiliar de Santiago, Francisco José Prieto Fernández (Ourense, 1968) foi nomeado este sábado polo papa sucesor de Monseñor Julián Barrio Barrio como novo Arcebispo Metropolitano de Santiago de Compostela.

A curia compostelá convocou aos medios de comunicación para unha comparecencia do prelado Julián Barrio, na que deu os detalles do nomeamento. Esta mesma mañá, o Arcebispado comunicou ás autoridades galegas a designación de Francisco Prieto.
A chegada de Francisco Prieto a Santiago como bispo auxiliar produciuse para cubrir a vacante deixada polo anterior auxiliar, Jesús Fernández, nomeado bispo de Astorga, e para reforzar a cúpula da Igrexa galega precisamente para a celebración do ano santo. Prieto, que anteriormente desenvolvera a práctica totalidade da súa traxectoria en Ourense, recibiu a mitra na Catedral de mans de Julián Barrio o 10 de abril do 2021, polo que leva menos de dous anos no cargo, o que determinaba a priori unha circunstancia, a súa curta experiencia, que xogaba na súa contra de fronte ao ascenso.

Francisco José Prieto é licenciado en Teoloxía Patrística pola Facultade de Teoloxía da Universidade Gregoriana de Roma (1992-1994) e doutor en Teoloxía Bíblica pola Facultade de Teoloxía da Universidade Pontificia de Salamanca (2008). O 28 de xaneiro de 2021 o papa Francisco nomeouno bispo auxiliar de Santiago. A súa ordenación episcopal tivo lugar o sábado 10 de abril. Anteriormente, Prieto desenvolveu o seu ministerio pastoral na diocese de Ourense. Alí era, ata o momento do seu nomeamento en Santiago, capelán do mosteiro de San José (Clarisas) e vigairo episcopal para a Nova Evanxelización de Ourense. Compaxinou esta actividade pastoral coa docencia no Instituto Teolóxico Divino Mestre de Ourense como profesor de Patroloxía e Orixes do Cristianismo; de Metodoloxía Científica, de Cristoloxía e de Marioloxía. Foi profesor convidado no Instituto Teolóxico Compostelán e director do Centro de Ciencias Relixiosas San Martín en Ourense.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.