O Concello de Ribeira informa de que, reunida hoxe a mesa de contratación, foron nove as ofertas presentadas para a actuación dirixida á ampliación e renovación do parque infantil de Pedra Pateira, situado no barrio de Bandourrío: unha intervención cuxo orzamento ascende a 171.831,47 euros con IVE, financiado dentro do plan POS+2021.
A día de hoxe, este parque presenta unha capacidade insuficiente para os usuarios que o frecuentan e parte dos xogos infantís están bastante deteriorados. Por outra parte, o camiño de zahorra que
comunica as zonas infantís enchóupase con certa frecuencia cando chove e os accesos ao parque non conta dunha anchura adecuada.
Coa fin de mellorar todos estes aspectos, os servizos técnicos municipais redactaron un proxecto que permitirá adaptar as características do recinto infantil de Pedra Pateira ás necesidades actuais. Así, vanse desmontar os xogos existentes no espazo destinado aos nenos e nenas de menor idade e demoler o caucho sobre o que se sitúan. Tamén se demolerán os accesos actuais e extenderase unha soleira de formigón coa que incrementar a superficie da área recreativa.
Acto seguido executaranse novos camiños accesibles de entrada ao parque e instalaranse unha serie de xogos, entre os que se inclúen un equipo combinado para idades entre 4 e 14 anos, un carrusel tipo
balacín, tres muelles, un rocódromo e outro equipo combinado para idades entre 2 e 10 anos, entre outros. Tamén se extenderá unha capa de caucho continuo de distintas cores e espesor variable en función da altura de caída dos xogos. Por outra parte, a valla perimetral actual será substituída por outra nova, será executada unha liña de pluviais para evitar a acumulación de auga superficial. O prazo de execución son dous meses.




