En marcha o novo Centro de Saúde de Ribeira

23 Marzo 2023

Ente os puntos que van ser debatidos pola Corporación Municipal de Ribeira no pleno ordinario do vindeiro de 27 de marzo figura o inicio do expediente de compravenda de terreos para a construción do novo centro de saúde de Ribeira.
A parcela, propiedade do Sareb, está situada no barrio de Cubeliños, moi preto da nova Escola Infantil Municipal e dos dous aparcadoiros públicos de Abesadas. Consta dunha superficie de 2.174 metros
cadrados, cunha fronte ao vial (linde leste) de 100 metros lineais, ao linde norte de 17,7 netros e ao linde sur de 17,3, lindando ao oeste cunha zona verde.
De acordo coa valoración técnica efectuada, o valor do predio (resultante de restar ao valor do terreo os custes de demolición da construción existente), ascende a un total de 806.063,2 euros.
O propósito deste punto da orde do día reside en iniciar o procedemento para a súa adquisición directa e ordenar a redacción do pliego de cláusulas administrativas que rexan o contrato e proceso de adxudicación. A intención do Executivo unha vez culmine o procedemento é poñer este terreo a disposición da Consellería de Sanidade para albergar alí o novo Centro de Saúde de Ribeira.
Fase 1
Hai que recordar a este respecto que a actuación ribeirense foi incluída dentro da fase 1 do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria da Xunta de Galicia: unha folla de ruta dividida en
tres fases en función do nivel prioridade, que prevé a posta en marcha de 37 centros e a reforma de 14 en toda a xeografía autonómica, co ánimo de implantar un novo modelo de atención primaria cun máis categorías e unha aposta decidida pola atención multidisciplinar.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.