Paisaxe e patrimonio serán os eixes da actividade turística da Pobra esta Semana Santa

22 Marzo 2023

A Semana Santa vivirase na Pobra do Caramiñal con numerosos actos litúrxicos nunha das épocas de maior afluencia turística do ano. Coa finalidade de potenciar os recursos do municipio, a Administración local elaborou unha axenda de actividades co patrimonio e a paisaxe como grandes protagonistas. Asi o fixeron saber o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); a concelleira do Turismo, Charo Varela (Nós Pobra); e as técnicas municipais desta área, Sara Sánchez e Ángeles Tubío.

Segundo confirmaron, regresará un ano máis á vila o evento A nosa feira, na que participarán 14 postos nos Xardíns de Valle-Inclán dende o 31 de marzo deica 10 de abril.

A oportunidade de coñecer de primeira man o proceso extractivo dos bivalvos chega no 5 de abril. Consistirá nun obradoiro de marisqueo na praia dos Areos con saída da Casa Mariñeira, ás 12.45 horas. Requírese a inscrición previa. O importe establécese nos 12 euros, agás para menores de 10 anos, que será de balde.

No día 6, Xoves Santo, toca calzar un zapato cómodo para emprender a ruta xacobea guiada polo Camiño de Santiago do Barbanza. A Orixe ó seu paso pola Pobra. O tramo consta de 8 quilómetros e a dificultade é baixa. Establécese como punto de encontro o aparcadoiro situado diante da praza de abastos, ás 09.00 horas. A matrícula ten un custo de 9 euros.

As propostas desprázanse no día 7, Venres Santo, á contorna do río das Pedras en forma de ruta de 3 quilómetros, de dificultade media. O traslado efectuarase dende o aparcadoiro fronte ó Mercado Municipal, ás 10.00 horas. Tamén é preciso anotarse cunha contía que se sitúa nos 9 euros.

E no día 8, Sábado de Pascua, a atención concéntrase no patrimonio cun itinerario guiado polo centro histórico da vila, de dificultade baixa. A xornada compleméntase cunha visita á Capela da Alba da igrexa de Santiago do Deán. En ambos casos, sairase das inmediacións da Casa Mariñeira, ás 11.00 e ás 16.45 horas, respectivamente. Reservarase unha praza por un valor de 3 euros cada actividade.

Máis información e inscricións previas necesarias na oficina do turismo, situada na contorna do parque do Castelo, mediante o enderezo electrónico turismo@apobra.gal ou nos teléfonos de contacto 671090262, 687482835 e 981843280, marcando a extensión 2035.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.