Presentado na Coruña o libro sobre o ribeirense ‘Profesor Barreiro’, promovido polo Instituto de Estudos Coruñeses José Cornide 

17 Marzo 2023

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu esta tarde a presentación do libro ‘Profesor Barreiro. Homenaxe debida o ribeirense, Xosé Ramón Barreiro Fernández’, que serviu para homenaxear á figura do historiador no seu segundo cabodano. A rexedora estivo acompañada no Salón de Sesión de María Pita por Ana Romero, directora do Instituto José Cornide, e Emilio Grandío, coautor da obra. 

O libro recolle artigos de persoas vinculadas co historiador. “Neste libro está canalizada unha parte dese saber que desprendía Barreiro”, sinalou a alcaldesa, que definiu ao homenaxeado como “unha figura clave para entender a historia da Coruña”. Barreiro Fernández foi autor do libro ‘Historia de la ciudad de La Coruña’, de 1986, que recolle os acontecementos ocorridos na cidade na súa historia. “A través desa obra os coruñeses do presente poden mergullarse na xenuína historia da cidade e comprender porque é tan especial ser de aquí”, dixo Inés Rey. No acto tamén estiveron presentes Beatriz López e Álvaro Barreiro, viúva e fillo do historiador.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.