Cultura de Ribeira celebra cunha completa axenda de actividades o Día da Poesía e o Dia do Teatro

23 Febreiro 2023

A concelleira de Cultura, María Sampedro, deu a coñecer este 23 de febreiro a axenda de actividades que preparou o seu departamento para o mes de marzo no que (ademais do Día da Muller, sobre o que a Concellería de Servizos Sociais e o CIM están a preparar un extenso cartel) hai dúas efemérides salientábeis no eido cultural: o Día Mundial da Poesía, o 20, e o Día Mundial do Teatro, o 27.

Ao abeiro desta dupla celebración, vanse conmemorar estas datas cunha completa programación enmarcada no Marzo de Espectáculo, unha iniciativa que xurdiu o ano pasado para incrementar a oferta cultural do municipio, e que neste caso inclúe catro propostas teatrais para público maior de 16 anos que se representan os venres ás 21.15h no Auditorio Municipal e tamén tres espectáculos de carácter familiar, nos sábados, e en distintos horarios, tanto de mañá como de tarde, e todas elas terán entrada gratuíta, abrindo as portas media hora antes de cada función.

Así pois a axenda arrinca o vindeiro venres día 3 de marzo, no Auditorio Municipal, ás nove e cuarto da noite, coa obra Pirolíticos de Mofa e Befa. Este será un espectáculo na liña habitual desta compañía, cun ton cómico e cunha estrutura en sketches, no que se escenificarán situacións habituais do día a día co obxectivo de facernos reflexionar como público sobre a cultura machista que aínda está instalada na nosa sociedade e o patriarcado.

As funcións para adultos continuarán nos seguintes venres á mesma hora, o día 10 coa obra clásica El Acero de Madrid de Lope de Vega interpretada pola compañía Noite Bohemia; o venres 17 teremos sobre o escenario do auditorio á actriz e humorista Isabel Risco coa obra Nabiza Girl, protagonizada por unha superheroína do rural galego; e remataremos entre risas o venres 24 coa comedia Vacacións (O Enredo) da compañía afeccionada de Teo Atequerreté.

En canto ás propostas para o público infantil-familiar, a primeira delas será o sábado 4 de marzo. Grazas á colaboración do departamento de normalización lingüística do noso Concello contarase cun concerto a dúo de Pablo Díaz no Centro Cultural Lustres Rivas ás doce da mañá e co que está previsto celebrar tamén o Día da Lingua Materna. Para este espectáculo si será necesario realizar inscrición previa desde o luns 27 enviando os datos dos interesados (nome,apelidos e telf de contacto) ao enderezo normalizacion@ribeira.gal.

Xa o sábado 11 de marzo o Auditorio acollerá ás sete da tarde ao Mago Paco, co espectáculo Ledicias , unha viaxe a través da maxia mediante historias, contos e xogos que entreterán a cativos e non tan cativos coa risa como fío condutor. E o sábado 25 pecharase a programación cun espectáculo de rúa, se o tempo o permite, con acrobacias e malabares a cargo de Circo Chosco. Será ás sete na Praza de Porta do Sol e en caso de choiva trasladarase ao Espazo Municipal de Usos Múltiples (carpa da rúa de Galicia).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.