Ribeira recupera o aparcamento do Centenario

09 Febreiro 2023

O pleno de Ribeira avalou a xestión directa por parte do Concello do aparcamento do Centenario
a corporación de Ribeira reuniuse este xoves para celebrar un pleno extraordinario urxente, no que se deu conta da renuncia do edil do PBBI Miguel Ángel Vázquez, tratouse o expediente de municipalización do aparcamento do Centenario e o grupo de goberno presentou as propostas de actuacións e medidas ás que destinar o POS provincial. O pleno avalou a creación dunha comisión de estudo sobre a viabilidade da xestión directa das instalacións por parte do Concello.

Manuel Ruiz, rexedor ribeirense, recoñeceu que foi un «proceso longo e confuso». O BNG pediu que os grupos da oposición tivesen participación no proceso que se abre, ao que Ruiz propuxo que cando os técnicos redacten a proposta convóquese unha reunión á que poderán asistir os concelleiros que o desexen para coñecer o contido da mesma.
Os outros dous puntos do pleno tiveron que ver con Plan Único de Concellos (POS) da Deputación.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.