O Centro Lustres Rivas luciu un cheo total co arrinque do curso de coidadores de persoas con alzhéimer

08 Febreiro 2023

O Centro Cultural Lustres Rivas encheuse na tarde deste martes 7 de febreiro con motivo do inicio do curso dedicado aos coidadores de persoas con alzhéimer organizado pola Asociación AGADEA e a Escola Galega de Saúde para os Cidadáns, recibindo a colaboración dos Servizos Sociais do Concello.

Neste senso, máis de medio cento de persoas acudiron ao dito centro cultural para escoitar as pautas ofrecidas por Miguel Ángel Gómez Vázquez, avogado, experto universitario en mediación familiar e xestión de intelixencia emocional.

A acción formativa tivo como obxectivos:

• Adestrar aos/as participantes do curso das ferramentas precisas para facer fronte aos coidados específicos a persoas que padecen Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas.

• Coñecer, entender e aplicar na practica, a necesidade de establecer unha estrutura a cal deberá soportar o desenvolvemento posterior como coidador.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.