Máis de 5.000 estudantes preuniversitarios participan esta semana nos Encontros na USC

31 Xaneiro 2023
O alumnado participante pode escoller entre un total de 17 itinerarios. FOTO: Santi Alvite

Un total de 5.242 estudantes procedentes de 88 centros de ensino secundario de toda Galicia visitan a USC entre este martes 31 e o 2 de febreiro no marco dunha iniciativa que forma parte do programa ‘A Ponte entre o Ensino Medio e a USC’ e coa que se pretende achegar o alumnado preuniversitario aos distintos estudos de grao que se ofertan no campus de Compostela. Así, os mozos e mozas participantes recibirán orientación para facilitar a elección dos seus futuros estudos, alén de visitar aulas, laboratorios ou bibliotecas.

A comezos de 2020, pouco antes do inicio da pandemia, participaran nos Encontros na USC uns 3.600 estudantes de 71 centros, o que supón un incremento do 45,6% con respecto ao número de estudantes inscritos e dun 24% no tocante á participación dos centros. O alumnado participante pode escoller entre un total de 17 itinerarios ofertados nos que, en quenda de mañá, o profesorado acompaña o alumnado para que coñeza de primeira man as diversas facultades e escolas. Xa en quenda de tarde, visitarán as residencias universitarias.

“Dende o programa ‘A Ponte entre o Ensino Medio e a USC’, como o seu nome indica, queremos facer de ponte para informar e orientar o futuro estudantado universitario, para que poida elixir os estudos que máis se adapten ás súas preferencias”, explica Celso Rodríguez, coordinador do programa. A Ponte leva en funcionamento dunha forma estruturada desde o curso 2003-2004 e pretende dar a coñecer a oferta académica e o contexto investigador, social, cultural e espacial da USC. Os Encontros na USC chegarán ao Campus de Lugo os días 7 e 8 de febreiro e 30 de marzo de 2023.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.