A mostra de teatro para escolares da Pobra congregará arredor de 600 crianzas

31 Xaneiro 2023

A mostra de teatro para escolares que se desenvolverá na Pobra do Caramiñal nas vindeiras semanas vén con cinco funcións. Celebraranse os días 2, 7, 9, 14 e 16 de febreiro, ás 11.00 horas. A concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), explicou que nova edición do certame conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña e que o obxectivo é “inculcar a paixón polas artes escénicas nas novas xeracións”.

Tamén dixo que “non se vai requirir a inscrición previa por seren saídas ao teatro cos centros educativos da localidade, aínda que tamén haberá presenza dun club de lectura infantil de Boiro”. Lojo engadiu que a previsión é que uns 600 escolares de distintos graos de ensinanza (infantil, primaria e 1.° da ESO) pasen polas instalacións do Teatro Cine Elma.

As sesións comezarán no día 2 con Cantaxoga, de Migallas Teatro. Trátase dun musical con sketchs cómicos relacionados cos contidos das cancións.

No día 7 será a quenda de 4 monos, a cargo da Tropa de Trapo; un espectáculo de narración oral, música en directo e teatro de obxectos. Catro contos para falar das relacións sociais e co medio, para rir, para reflexionar, para cantar e para soñar con outro mundo posible.

Proseguirá con H2…OH!, de Ghazafelhos, no día 9. Baseada no libro de María Canosa, achega as curiosidades científicas que experimentamos no noso día a día e ás cales uns/unhas extravagantes científicos/as lles darán resposta.

Xarope Tulú representará no día 14 Rilla rilla, unha función que tenta pór de manifesto a variedade dialectal do noso idioma. A través dun concurso sobre a lingua galega, o público mergullarase en vocábulos que case nunca medran nos libros.

O ciclo finalizará no día 16 da man de Marcos Escudero e Con area cousas debuxo. Esta exhibición fusiona varias técnicas para contar historias a través de imaxes que se trazan con area para proxectalas nunha pantalla.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.