
A Casa da Cultura de Outes acolle este xoves 26 de xaneiro unha nova conferencia de divulgación abeirada ás XVII Xornadas de Información Sociosanitaria e ás segundas Xornadas do Programa Universitario de Maiores en Outes (Cuarto Ciclo da USC), que se celebran entre outubro de 2022 e maio de 2023. A cita será como dixemos este xoves (quinta feira) 26 de xaneiro a partir das 18.30 horas. O tema a tratar será o tratamento que fan os medios de comunicación da cuestión sanitaria. O relatorio virá da man de Marta Obelleiro Hermida, licenciada en Xornalismo pola USC e graduada en Educación Primaria, amais de directora do xornal Nós Diario. O ciclo está a ser coordinado por Xosé Mª Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria de Outes.
A cita será novamente na Casa da Cultura da Serra de Outes.
As xornadas veñen da man do Concello (Centro Social e Centro de Saúde), a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatria, a USC, ADISBISMUR e a Asociación Cultural Terra de Outes.



