O BNG de Barbanza celebra o seu 40 aniversario

19 Xaneiro 2023

O BNG realizará un acto o venres 20 de xaneiro, ás 20:30h no Centro Social de Boiro para conmemorar os 40 anos da súa fundación. Corenta anos que segundo o responsábel do BNG na Barbanza, Luís Pérez Barral, “demostran que o BNG é un proxecto sólido, con raíces firmes e cargado de presente e de futuro”. No acto intervirán a deputada Rosana Pérez, o militante Santos Saborido, o autor do libro Manuel Anxo Baz e o presidente da Fundación Galiza Sempre Rubén Cela

Barral indicou que o Bloque celebra este 40 aniversario “en plena forma e disposto a saír a gañar para darlle un futuro mellor aos galegos e galegas”. Desde o BNG destacan que tras acadar un resultado histórico nas pasadas eleccións galegas o horizonte é dar unha alternativa real aos galegos e galegas nos concellos. “Sabemos que temos nese camiño que conseguir un reto importante que é que o BNG sexa a forza maioritaria dos galegos e das galegas coa que poidamos construír un país mellor” apuntou o responsábel comarcal.

“Quero dicirlle á xente moza que pelexa por un traballo digno, ás persoas maiores que non dan estirado máis a pensión, ás familias que non chegan a fin de mes, aos mariñeiros que loitan por cubrir custos; ás persoas autónomas que fan malabarismos para manter en pé os seus negocios, todos e todas poden contar co BNG para conseguir unha saída xusta e galega desta crise”, apuntou.

—

Outros artigos

CONGALSA súmase á familia de amigos da Fundación INADE

Foto de familia de representantes de CONGALSA e membros da Fundación INADE A Fundación INADE (Instituto Atlántico do Seguro) celebrou hoxe nas instalacións de CONGALSA, na Pobra do Caramiñal (no Polígono da Tomada), a XXV Reunión do seu Consello Asesor e Comité...

+

Ambar mobilízase na comarca do Barbanza polo 25N

No Concello de Boiro Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a asociación inclusiva da nosa comarca Ambar desenvolveu unha ampla axenda de actividades na comarca do Barbanza co obxectivo de sensibilizar á cidadanía, previr as...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión