Na Pobra en marcha as obras de mellora da rúa Venecia

13 Xaneiro 2023

O Concello da Pobra do Caramiñal prosegue executando intervencións en distintas vías municipais para mellora-lo seu firme, ademais de incrementa-los servizos.
Nesta semana comezaron as obras na rúa de Venecia, unha das arterias do núcleo urbano, dado o tránsito que rexistra, tanto dende a perspectiva do tráfico rodado coma da circulación peonil. Ata o lugar desprazáronse o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra).
Segundo manifestan, a actuación supón a fresadura e pavimentación da dita rúa, así como das que dan acceso e saída ó centro de saúde e á residencia de maiores. Tamén se reducirá a cota existente entre a estrada e a beirarrúa para facilita-la accesibilidade. Pintaranse, así mesmo, as marcas viarias, incrementarase o número de pasos peonís e adaptaranse as tapas de rexistro á nova rasante.
A maiores, inclúe a canalización das augas pluviais da urbanización Fraga Iribarne directamente coa Xunqueira para alivia-la carga do sistema de saneamento e mellora-la situación cando se producen precipitacións intensas, ademais da válvula de non retorno que se puxo anteriormente na contorna do ambulatorio.
A empresa adxudicataria foi Movimientos de Áridos y Construcciones de Arosa S.L. por un importe de 60 643’36 euros, IVE incluído, con cargo ó remanente da Tesouraría. O prazo estipulado é dun mes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.