
Un home foi arrestado como suposto responsable dun incendio intencionado rexistrado na madrugada deste xoves nunha vivenda da Pobra do Caramiñal onde se atopaba a súa parella, que ten unha discapacidade por mobilidade e que tivo que ser rescatada polos servizos de emerxencia.
Tal como informamos en O Barbanza, o 112 de Galicia rexistrou a pasada noite dous incendios provocados, un na Pobra do Caramiñal e outro en Vedra. En ambos os casos houbo persoas afectadas pola inhalación de fume, aínda que só no caso da Pobra necesitaron o traslado a un centro hospitalario
Un home foi arrestado esta mañá como suposto autor dun incendio rexistrado a pasada noite, polo que dúas persoas tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario por intoxicación, segundo confirman fontes da Garda Civil e recolle Europa Press. O suceso tivo lugar nunha vivenda da Mirandela.
Pasada a medianoite, os equipos de emerxencias desprazados ao lugar dos feitos observaron a manipulación de bombonas e o uso de material incendiario como o detonante dun lume con consecuencias en toda a vivenda. Tamén se mobilizaron os Bombeiros de Boiro e Ribeira, así como de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Protección Civil da localidade e axentes da Garda Civil e da Policía Autonómica.



