Política Lingüística achega 385.000 euros para proxectos innovadores de galego na docencia

02 Xaneiro 2023

A Xunta, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística que dirixe Valentín García, comeza o ano destinando un total de 385.000€ a colexios e institutos sostidos con fondos públicos para que desenvolvan iniciativas de fomento do uso do idioma galego nas aulas durante este curso 2022-23. Porase o foco en iniciativas que tiren proveito das novas ferramentas de información e comunicación. As solicitudes haberá que facelas de xeito telemático e os datos sobre as axudas están todos debullados no Portal da Lingua da Secretaría Xeral.

Trátase dunhas convocatorias articuladas cada ano para todas as etapas educativas non universitarias co fin de contribuír a financiar as actividades que realizan os equipos de dinamización da lingua galega e o profesorado.

Para optar ás axudas, os equipos ou profesores encargados da dinamización da lingua deberán presentar os seus proxectos e actividades, que serán logo valorados e puntuados para a determinación das contías. A cantidade máxima que poderá percibir un centro varía entre os 220 e os 1.000 euros en función do número de alumnos.

En canto aos criterios de valoración, a calidade do proxecto terá un peso do 80% da puntuación total. Teranse en conta unha serie de variábeis como o grao de implicación dos membros da comunidade (familias, profesorado e persoal de administración e servizos), o nivel de utilización de novas tecnoloxías (páxinas web, blogs, redes sociais, códigos QR, materiais audiovisuais, robótica…), o grao de colaboración con outras institucións ou entidades externas e con outros centros e o carácter plurianual das actividades. O 20% restante asígnase en función do número de matrículas.

Con estas axudas anuais búscase “reforzar a dimensión comunicativa do galego en contextos vivos e facilitar ao alumnado unha oferta educativa que o axude a percibir a utilidade da lingua e que o capacite para o seu uso correcto e eficaz”.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.