O 112 Galicia rexistrou un total de 172 incidencias por chuvias no día de hoxe

01 Xaneiro 2023
Intervención de bombeiros na Illa de Arousa polo temporal

Ao igual que onte era a provincia da Coruña a máis afectada polo temporal, con 6 incidencias rexistradas hoxe, ata as 13 horas do día actual é a de Pontevedra, con 111 casos, a máis castigada polas precipitacións, seguida de Ourense (34) e Lugo (21). A maior parte destas tres provincias permanecen en alerta laranxa por chuvias intensas.

As incidencias máis repetidas tiveron que ver cos anegamentos en vivendas (65), os incidentes na circulación por pedras ou terra (23), inundacións en rúas (18) e estradas (17) ou garaxes (15).

En canto aos concellos máis afectados, destacan Tomiño, con 35 incidencias ou Tui (con 10) na provincia de Pontevedra; Lugo (4) e Chantada (5) en Lugo, e Carballiño (6) e San Cristovo de Cea (7) en Ourense.

Entre as incidencias máis importantes, nestes momentos permanece cortada a circulación ferroviaria entre Ourense e Guimarei polos efectos das chuvias, o que afectou esta mañá a un tren con dezaseis pasaxeiros. En Pontevedra, anegouse a N-540 ao seu paso por Carballedo, Lugo. Era un particular quen daba o aviso ao 112 Galicia tras observar que, ademais, caera un muro sobre a vía pública. Tamén se anegou a PO-254 á altura de Mondariz Balneario.

Un dos concellos máis afectados foi o de Tomiño, no que se produciron múltiples problemas en vivendas: un particular avisou este mediodía de que a auga xa chegara a superar o metro de altura no seu garaxe, situado na parroquia de Goián.

Pola súa banda, en Carballeda de Avia (Ourense), outra persoa informaba ao 112 da crecida do río, que facía intransitable unha das súas pontes.

Continúa activo o Plan Inungal
O Plan Inungal continúa activo, e con novidades. Nestes momentos, os ríos superaron o nivel de seguimento son o Mendo en Betanzos, o Lérez, o DubraTambre e o Tea en Mondariz e Bouza do Viso, o Verdugo, o Louro en O Porriño e en Tui, o Uma en Ponteareas, o Támega en Rabal e o Avia en Ribadavia.

É importante seguir a este respecto unha serie de medidas de auto protección necesarias que poden ser consultadas nesta ligazón.

Outros artigos

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.