O equipo laboral de CONGALSA elixe por vez primeira as mellores propostas do Concurso de Postais de Nadal

19 Decembro 2022

CONGALSA, empresa de alimentación da Pobra do Caramiñal, felicitará as festas aos seus grupos de interese, un ano máis, coas postais gañadoras do seu tradicional Concurso de Postais do Nadal. A iniciativa, neste 2022, alcanzou a súa quinta edición e tivo como novidade máis significativa a implicación do persoal na elección das propostas premiadas.

O certame, que xurdiu nos seus comezos co obxectivo de premiar deseños realizados por nenas e nenos vinculados familiarmente a empregados da compañía, estableceu tamén nas súas dúas últimas edicións un premio para adultos.

A elección dos gañadores realizouse de maneira democrática, por parte de todo o persoal que quixo participar nunha votación levada a cabo a través de medios dixitais.

Nas bases do concurso establecíase liberdade no relativo á técnica utilizada no deseño das postais (debuxos con lapis, acuarelas, ceras, témperas ou rotuladores, entre outras posibilidades).

Luis Miguel Simarro, director xeneral de CONGALSA, foi o encargado de entregar os galardóns no transcurso dun breve acto desenvolvido nas instalacións da empresa. Nesta edición dos premios contouse con 22 traballos presentados a concurso.

Os premiados foron Diego Fernández, de 6 anos; Carla Fontao, de 8 anos, e Isabel Cabello, de 14 anos. A adulta gañadora foi Noemí Gil, directora do departamento TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) da empresa.

Recollida de xoguetes

Ademais de todo o devandito, en plena campaña do Nadal, CONGALSA organizou por terceiro ano consecutivo unha recollida solidaria de xoguetes entre os seus traballadores. Aquelas persoas interesadas en doar xoguetes poden deixalos nun contedor habilitado para tal fin nas dependencias exteriores da compañía, con sede principal no Polígono da Tomada (A Pobra).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.