
O pesqueiro MOA foi remolcado por Salvamento Marítimo ata o porto de Porto do Son ao presentar un fallo mecánico que o deixou á deriva sobre as 16.00 horas a tres millas e media ao suroeste de Monte Louro.
O patrón da embarcación solicitou asistencia a Salvamento debido a un problema no motor que impedía que continuasen de forma correcta coa navegación.
Tras isto, o CSS Finisterre despregou á Salvamar Régulus, que levou a cabo con éxito o remolque, deixando marrado o a embarcación no porto de Porto do Son.



