Esta fin de semana terá lugar no Auditorio Municipal de Ribeira, o sábado 17 de decembro, unha actividade de canto e música tradicional denominada a Festa da Terra dos Nosos.
A iniciativa foi presentada no Consistorio local pola concelleira de Cultura, María Sampedro, xunto con Manola Valiño, un dos grupos que se van dar cita xunto con Siete Linguas de Aguiño, Sonelas e Chorimas. O evento dará comezo ás 20 horas e a entrada é libre ata encher aforo.




