Rianxo acolle o venres 16 unha xornada informativa sobre a factura da luz

05 Decembro 2022

A Escola Galega de Consumo ofrecerá o vindeiro venres 16 de decembro, ás 11.00 horas no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo, unha formación para a cidadanía sobre a factura de luz. O obxectivo é axudar a cidadáns a empresas a aforrar custes enerxéticos e evitar que as facturas se disparen, tanto nesta época do Nadal coma no resto dano.

Segundo explican dende o Concello, “un dos principais gastos dentro da economía doméstica é o destinado ao pago da factura eléctrica”.

Deste xeito, consciente da importancia que a factura eléctrica ten para o conxunto das persoas consumidoras e usuarias, a Escola Galega do Consumo conta co programa Consumo Responde, ao que se abeira esta actividade do 16 en Rianxo.

Esta xornada pretende facilitar os coñecementos básicos necesarios para comprender a factura eléctrica, para adoptar medidas de aforro no gasto eléctrico e para realizar unha reclamación nos distintos supostos que se poidan presentar en relación á contratación dos servizos prestados polas compañías eléctricas.

Contidos:

-Mercado regulado/mercado libre

-Comercializadoras de referencia

-Conceptos básicos: potencia eléctrica, ICP, CUPS, etc

-Tipos de tarifas

-Tipos de contadores

-Medidas de aforro

Duración estimada dá actividade 60 minutos.

Outros artigos

Luns con nubes e claros e choivas cara o serán

O luns será unha xornada de transición coa chegada dunha fronte pola noite. Así, teremos unha mañá de néboas en comarcas do interior que irán deixando ceos pouco nubrados, co avance da mañá irán aumentado as nubes desde o oeste, con chuvias que se irán xeneralizando...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

A frase non é -que máis quixera!- da miña autoría. Pertence ao escritor monfortino Lois Diéguez, quen na contracuberta da súa obra "As voces amadas" (publicada o ano pasado) dí: "... eu non son así, eu non son un móbil nin máquina ningunha. Rebélate, pois, se tes...

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

El sol acaricia suavemente los cristales de la ventana, las cortinas dejan pasar un hermoso rayo de luz, llego la hora. La plaza del comercio, donde se celebrarán los actos conmemorativos, allí haciendo las líneas de un cuadrado el pueblo portugués espera, espera para...