O Partido Galego presentou este sábado a Moisés Domínguez responsable da Secretaría Local
Abriu o acto o Secretario Xeral Maxi Vázquez, que incidiu na necesidade de devolver a utilidade e a altura de miras á politica actual, afondar na solidificación dos proxectos Reais e produtivos do país e consolidar unha alternativa política con toma de decisión no país para evitar a falta de actuacións precisas a nivel Galego.
Pola súa banda o Presidente Xosé Mosquera fixo unha reflexión sobre a situación da pesca galega debida a que a xestión do mar se executa dende a meseta.
Na presentación da Agrupación Local, interviu o novo Secretario Local Moisés Domínguez, un dos membros máis novos desta Agrupación, graduado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela e implicado socialmente na súa parroquia de Oleiros.
Remarcou entre outras, as seguintes problemáticas:
-Política urbanística, é preciso levar a cabo proxectos como a construción da biblioteca municipal, a residencia de maiores, rematar a estación de autobuses, aumentar as zonas verdes que foron substituídas por formigón, dotar a ribeira dunha alameda que podería estar situada por detrás do grupo escolar, rehabilitación de edificios ruinosos no centro da cidade para o seu posterior aluguer para negocio e vivenda, construción dun aparcadoiro de caravanas. Tamén velaremos por mellorar as infraestruturas nas diferentes parroquias de Ribeira.
-Política de mantemento das infraestruturas xa existentes como a limpeza de cunetas, reparación do alumeado ou o asfaltado de pistas.
-Política sanitaria considerando urxente a mellora do centro de saúde de Ribeira. Imos traballar para conseguir a dotación de médicos tan necesaria, así coma o aumento de servizos de especialistas no hospital do Barbanza e a dotación dun médico o centro de saúde de Corrubedo.
-Política social daremos cobertura absoluta as persoas dependentes que precisen do servizo de axuda no fogar, velaremos polas persoas maiores que vivan solas creando programas de acompañamento no que os nenos e os maiores poidan aprender xuntos.
Rematou indicando que o Partido Galego preséntase en Ribeira coa intención de facer unha política que mellore a vida da veciñanza deste concello, facendoa partícipe da mesma, neste senso nos meses de decembro é xaneiro faranse reunións veciñais en cada unha das 9 parroquias de Ribeira para escoitar as necesidades dos veciños e transmitirllas ao concello e incluílas no noso programa electoral.
Na mesma reunión a Agrupación tamén elixiu a Oscar Casais como Secretario Local de Organización, que vai coordinar as accións adecuadas para consolidar o proxecto do Partido Galego.
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza foi seleccionado como un dos nove proxectos da categoría Europa Verde dos Premios Europa se Siente 2026, entre miles de iniciativas desenvolvidas con fondos europeos. Esta candidatura pon en valor o traballo colectivo arredor dunha...
O Centro Arqueolóxico do Barbanza (Neixón, Boiro) vai acoller este sábado 26 de setembro un obradoiro de cerámica castrexa para persoas adultas. Desenvolverase en horario de mañá e de tarde. de 10.30 a 14.00 e de 16.30 a 19.00 horas. Ao longo desta xornada práctica,...
O alcalde, José Ramón Romero, e o tenente de alcalde, Luís Ruiz, e a concelleira de Medio Ambiente, Olga González, visitaron esta mañá o Centro Social de Cespón para coñecer as actuacións as actuacións de acondicionamento dun local para uso da comunidade de montes no...
O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...
“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...
Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...