As mulleres protagonizan unha nova mostra na Pobra abeirada á celebración do 25-N

17 Novembro 2022

A Casa da Cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler acubilla durante a última quincena do mes de novembro unha nova mostra impulsada pola Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal. A exposición, enmarcada na programación do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller (o 25 de novembro) chega á localidade en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a área da Igualdade da Deputación da Coruña.

A mostra titúlase Nós somos elas e artéllase sobre a visión de vinte e catro poetas arredor de imaxes do Arquivo Vidal. Esta exposición, segundo informou o Concello, busca poñer foco nas mulleres, retratadas no seu ámbito privado e familiar polo fotógrafo de Laxe José Vidal (1900-1988). “Son instantáneas do pasado acompañadas de palabras do presente que sitúan as mulleres como protagonistas e convida o público a reflexionar sobre o papel das mulleres ao longo da historia”, engadiron fontes do Consistorio.

As poetas que poñen as súas palabras ás fotografías son Ana Romaní, Antía Otero, Berta Dávila, Chus Pato, Clara Vidal, Dores Tembrás, Eli Ríos, Emma Pedreira, Estíbaliz Espinosa, Eva Veiga, Helena Villar Janeiro, Lucía Aldao, Lucía Novás, Luz Pozo Garza, María do Cebreiro, Marica Campo, Marta Dacosta, Medos Romero, Mercedes Queixas, Miriam Ferradáns, Olga Patiño, Pilar Pallarés, Rosalía Fernández Rial e Yolanda Castaño.

A sala permanece aberta ao público de luns a venres, en horario de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.