Adxudicadas por preto de 200.000 euros as obras para dotar dun novo sistema terciario a depuradora de augas residuais da Pobra

10 Novembro 2022

 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, adxudicou por 197.530 euros a execución das obras necesarias para dotar de novo sistema terciario á estación depuradora de augas residuais da Pobra do Caramiñal.

Este contrato, adxudicado á empresa, Depuración de Aguas del Mediterráneo S.L., conta cun prazo de execución de 3 meses e céntrase en optimizar e incrementar as posibilidades de tratamento das augas da depuradora.

As actuacións adxudicadas hoxe comprenden a substitución do equipo de desinfección de raios UV, para o que será necesario alongar o canal mediante unha estrutura metálica, implantando tamén un sistema de monitorización enerxética.

A intervención deseñada por Augas de Galicia inclúe novos elementos para implementar o programa SCADA, de supervisión e control das instalacións; así como a ampliación do software do sistema de alarmas para avisos.

Estas actuacións financiaranse no marco do eixe REACT-UE do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da covid -19.

A contratación desta obra enmárcase na aposta da Xunta por apoiar aos concellos nas súas responsabilidades municipais de abastecemento, saneamento e depuración. Neste caso, forma parte das actuacións previstas no contrato de conservación e mantemento desta depuradora municipal, que supón un investimento da Xunta de 1,7 M€.

Este contrato, renovado con Augas de Galicia o pasado mes de febreiro, garante unha xestión profesional e innovadora da depuradora municipal nos próximos dous anos, empregando sistemas de intelixencia artificial.

Deste xeito, Augas de Galicia asume todos os traballos de explotación e conservación das instalacións que forman parte do sistema de depuración municipal para que cumpran os cometidos para os que foron deseñadas, en condicións óptimas de funcionamento. A depuradora ten un caudal medio de tratamento de 6.000 m³/día e está deseñada para unha poboación de 30.000 habitantes.

O contrato de xestión recolle distintas melloras nas instalacións da planta depuradora, coa renovación de determinados equipos, como o adxudicado hoxe, e melloras de calidade e control na prestación do servizo. Prevese, por exemplo, instalar un biosensor para monitorizar a carga orgánica e a toxicidade.

Ademais, a través do contrato de xestión da instalacións municipais, a Xunta impulsará máis medidas e actuacións para acadar unha xestión máis profesional e innovadora, empregando sistemas de intelixencia artificial, a través do impulso de proxectos de I+D.  Entre eles, o aproveitamento de graxas de augas residuais que se separan e se recuperan na depuradora para usalas na obtención de omega-3, apostando pola economía circular e o crecemento verde; o procesado dixital de imaxes en tempo real para a detección e identificación de vertidos, combinando visión artificial e intelixencia artificial; ou a modelización dos procesos de tratamento, combinando ferramentas de simulación e modelos activos para a optimizar o funcionamento da planta de tratamento de augas residuais.

A xestión por parte da Xunta da depuradora da Pobra do Caramiñal, cuxo mantemento vén asumindo Augas de Galicia desde o ano 2005, supón unha achega autonómica que supera os 12,5 M€.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.