Medidas que garanten o benestar animal na Pobra

09 Novembro 2022

O Concello da Pobra do Caramiñal aposta pola loita contra o abandono e o maltrato animal, no cal
a educación, información e sensibilización da cidadanía ten un papel significativo. Nesta liña, a Administración local conta cun protocolo de actuación ante a localización dun animal extraviado na rúa, tal e como lembra a Concellaría do Benestar Animal, da cal é titular a edil Estefanía Ramos (Nós Pobra).
As persoas que se atopen cunha situación desta índole deberán telefonar á Policía local ou á Protección Civil para a identificación do animal.
Lémbrase que a colocación do chip é unha obriga legal que garante o retorno da mascota ao seu fogar.
Tamén se alude aos beneficios da esterilización como medida de control da natalidade, ademais de redundar positivamente na saúde física e psicolóxica do animal.
Outro dos servizos dos cales se dispón é o de adopción a través da Protectora Moura. As persoas interesadas poden contactar co 604030396.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.