A Xunta adxudica por máis de 286.000 € as obras para minimizar o risco de inundacións nos ríos Ulla e Sar ao seu paso por Catoira

31 Outubro 2022

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, adxudicou por 286.557 euros as obras para minimizar o risco de inundacións nos ríos Ulla e Sar, ao seu paso polo municipio de Catoira.

Este contrato, adxudicado á empresa Construcciones Enrique C. Casas, S.L., conta cun prazo de execución de 6 meses e céntrase na execución das obras necesarias para a mellora do espazo fluvial do rego de Gondomil, no cruzamento coa estrada provincial EP-8702, no municipio pontevedrés.

A Xunta, a través de Augas de Galicia, prevé iniciar as obras no primeiro trimestre do 2023. Os traballos enmárcanse no convenio de colaboración co Concello de Catoira, polo que a Xunta asume integramente o seu financiamento e execución e a entidade local comprométese á posta disposición dos terreos necesarios e ao mantemento e conservación das actuacións levadas a cabo.

As intervencións serán cofinaciadas con fondos FEDER, no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014/2020.

Esta intervención está identificada como prioritaria no Plan específico para a xestión do risco de inundación na área de risco potencial significativo de inundación nestes ríos.

Máis en detalle, a contorna do rego Gondomil ten variado ao longo do tempo, provocando a redución do ancho da ocupación do conca, o que se traduce nunha diminución da capacidade de desaugamento e un menor espazo para desbordamentos controlados nas súas marxes.

Para solventar estes problemas, as obras obxecto deste contrato ocuparanse do acondicionamento do rego Gondomil incrementando a súa sección e implantando muros de contención, tanto de coieira como tipo ‘Krainer’ ao longo de aproximadamente 160 metros.

Para iso, executarase unha canle de augas baixas cun ancho de 1,75 metros e unha altura de 35 centímetros. O leito proxéctase limitado por muros de coieira.

A continuación, executarase unha zona de anchura variable e pendente do 2,5% cara á conca, na que se disporá dunha xeomalla biodegradable. Para salvar a diferenza de cota entre o terreo actual e a conca dispóñense muros de coieira e tipo ‘Krainer’, en función da altura, e nalgunhas zonas modificaranse as seccións unicamente nunha das marxes.

Ao remate deses traballos, reporanse e acondicionaranse as zonas afectadas polas obras.O Goberno galego mantén a colaboración entre as administracións para estar mellor preparados fronte ao risco de inundacións e acadar unha recuperación máis rápida e mellor fronte ás súas posibles consecuencias.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.