As crianzas participantes na Pequetroula da Pobra festexarán o Samaín

27 Outubro 2022

O Samaín centrará na Pobra a programación da actividade de conciliación familiar Pequetroula esta fin de semana. As actividades desenvolveranse nos días 29 e 30 de outubro e seguirán a temática propia destas datas para o desfrute da rapazada: obradoiros de tatuaxes, pintacaras, xogos terroríficos, inchábeis ou a entrega de larpeiradas son algunhas das propostas. Para “contribuír a crear unha atmosfera de medo, as crianzas tamén poderán asistir disfrazadas”, sinalou o Concello, lembrando que o espazo habilitado para estas actividades será o toldo instalado na praza Alcalde Segundo Durán. O horario definido para os sábados é de 11.30 a 14.00 e de 17.30 a 21.00 horas, mentres que nos domingos se establece dende as 12.00 ata as 14.30 horas.

Que é Pequetroula?

A Pequetroula é unha campaña posta en marcha pola Concellaría da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), para fortalecer o sector comercial a través da conciliación, contando coa colaboración do DEAN.shop eCommerce e da Asociación de Empresarios. Esta iniciativa realízase durante as fins de semana comprendidas entre a de 8 de outubro e 18 de decembro, atendida por monitorado e especialistas en distintas materias.

Para acceder a este servizo é preciso presentar un bono Pequetroula que se pode conseguir a través de www.deanshop.es ou presencialmente na Oficina do Turismo da Pobra, con atención ao público de luns a venres, de 09.30 a 14.30 horas. Tamén se habilita a posibilidade de facelo na propia praza media hora antes do inicio de cada sesión. Pode facer uso del tanto a veciñanza da localidade coma a doutros municipios.

Posteriormente, o bono poderase trocar por descontos en numerosos comercios e locais hostaleiros da vila que contan co distintivo.

O prezo destes bonos por sesión distribúese da seguinte maneira: na quenda de mañá, 7 euros pola entrada dun/dunha cativo/cativa; pola tarde, 10 euros; e, coa opción de mañá e tarde, 15 euros. A contía total verase rebaixada pola participación de irmás e irmáns e será de balde para o/a terceiro/a.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...