O BNG pide a actuación integral nos aparcadoiros das Abesadas e remunicipalizar o Centenario

12 Outubro 2022

O BNG mostrou a súa satisfacción polo inicio dunhas obras moi demandadas pola veciñanza ribeirense como é a adecuación dos aparcadoiros das Abesadas.

Segundo apunta o portavoz da forgmación, Luís Pérez Barral, “estas obras para mellorar os aparcadoiros son froito do traballo e da insistencia do BNG, posto que o Partido Popular aseguraba que non se podían facer. O tempo deunos a razón”

Malia todo, Pérez Barral lamentou que o goberno local paralizase durante dous anos a obra e non vaia poñerse iluminación, nin árbores, dúas cuestións que si incluían as propostas presentadas polo BNG.

“Imos solicitar que se poña iluminación para as noites e se planten árbores para dar sombra aos vehículos facendo máis axeitado o espazo para deixar os vehículos” declarou.

Xestión pública do Centenario

Pérez Barral tamén se referiu á situación do aparcadoiro do Centenario para criticar a política privatizadora do PP que provocou un encarecemento nos prezos e un caos na xestión. O concelleiro remarcou que o BNG defenderá a xestión pública do Centenario para poder poñelo a disposición da veciñanza con tarifas reducidas e bonificacións para aquelas persoas que merquen no comercio local. Esta medida, finalizou Pérez Barral, permitiría axudar ao comercio local a mellorar as súas vendas e tamén se aumentaría o número de estacionamentos públicos, algo moi necesario a día de hoxe.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.