A Biblioteca Municipal de Ribeira fai unha doazón de histórico material pedagóxico ao MUPEGA

07 Outubro 2022

O equipo da Biblioteca Municipal de Ribeira desprazouse ata Santiago de Compostela para realizar unha doazón de libros ó Museo Pedagóxico Galego (MUPEGA).

O arquivo local recibiu previamente a achega da biblioteca persoal do coñecido mestre San Ortega, por parte do seu fillo, Gonzalo Domínguez Sans. O lote está formado por libros de texto, obras de pedagoxía e de biblioteca de aula e tamén manuais que o propio mestre, que exerceu a súa profesión en Aguiño, empregou durante os seus estudos de Bacharelato.

Dende a Biblioteca explican que “dado o elevado valor deste fondos en canto a historia do ensino desde a Biblioteca Municipal decidiuse doalo ao Museo Pedagóxico de Galicia, coa intención de contribuír na súa misión de estudo, recuperación e difusión do noso patrimonio pedagóxico e didáctico”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.