As persoas maiores poderanse formar nas novas tecnoloxías na Pobra

05 Outubro 2022

A adquisición de competencias dixitais é o eixe central dunha nova iniciativa destinada á cidadanía maior de 65 anos que se desenvolverá na Pobra do Caramiñal da man da Fundación Amigos de Galicia coa colaboración da Concellaría dos Servizos Sociais.
A edil Amparo Cerecedo (BNG) explica que un dos contidos do programa Nos@s maiores, mellor acompañad@s se centra nunhas xornadas formativas teórico-prácticas sobre o uso das novas tecnoloxías: máquina de quenda de concellos e centros de saúde, caixeiro automático, teléfono móbil ou aplicación móbil do Sergas. Xunto coa orientadora laboral do Concello, Blanca Álvarez, a titular da área dos Servizos Sociais manifesta que a finalidade desta actividade radica en que os/as maiores aprendan sobre procesos telemáticos básicos e acadar axilidade na realización de trámites.
As aulas impartiranse no 28 de outubro, así como no 4 e no 11 de novembro, en horario de 10.00 a 12.30 horas. O espazo dependerá do número de participantes e da súa zona de residencia para achegárlle-la
formación a edificios de titularidade municipal distribuídos polo concello.
O prazo de inscrición permanecerá aberto do día 6 ao 21, ambos inclusive, para a cal cómpre presentar unha solicitude no rexistro do Concello. Máis información no teléfono de contacto 981832764.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...