A Asociación Alberto Romero formará en creación audiovisual á rapazada de Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo

23 Setembro 2022

A Asociación Alberto Romero organiza un obradoiro audiovisual nos concellos do Barbanza. Será, concretamente, nos municipios da beira sur da nosa comarca: Ribeira (días 8 e 15 de outubro, no Centro Cultural Lustres Rivas, de 10.00 a 11.30 horas), A Pobra do Caramiñal (días 8 e 15 de outubro, no Lagar, de 12.00 a 13.30 horas), Boiro (días 22 e 29 na Cachada, en horario de 10.30 a 12.00 horas) e Rianxo (días 22 e 29 de 12.30 a 14.00 na Aula de Informática municipal). O obradoiro está destinado a rapazada entre 7 e 18 anos, de aí que se programen dúas quendas en cada concello: a primeira para os rapaces máis novos e a segunda para os de 18 anos. Para máis información e inscricións cómpre escribir un correo á conta info@albertoromero.org ou ao teléfono 981 107 906.

Obradoiros

Queres crear a túa propia película?: os xoves de 18.00 a 19.00 horas nos meses de outubro a decembro do 2022.

Obradoiro audiovisual: os días 22 e 29 de outubro de 12.30 a 14.00 horas.

A asociación

A Asociación Cultural Alberto Romero nace inspirada na memoria do palmeirán Alberto Romero Bermo (1961-2015) e a súa preocupación pola educación e a cultura. Os membros propulsores desta asociación son as ANPAS fundadoras e colaboradoras dos Concellos da Mancomunidade de Arousa Norte (Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo). Como eixe orixinal e principal do seu programa de actuacións organiza anualmente o Certame Audiovisual de Curtas Alberto Romero, ao mesmo tempo que achega cursos de formación no audiovisual.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...