Mellorarase a accesibilidade á Casa Consistorial da Pobra

14 Setembro 2022

Na súa aposta por facilita–la accesibilidade da veciñanza á rede de infraestruturas e edificios
de uso público, a Concellaría da Mobilidade da Pobra do Caramiñal acometerá unha intervención na entrada principal da Casa Consistorial.
Segundo explica o edil Xabier Santos (BNG), xunto coa súa homóloga dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG), eliminarase o desnivel existente entre a vía pública e o interior do concello; barreira que se creou cos sucesivos arranxos e pavimentacións da rúa Gasset, na AC-305, que se realizaron a rentes dos firmes xa existentes, co cal se incrementou así a cota da superficie asfaltada e, como consecuencia, que o piso do concello se sitúe actualmente por debaixo da liña da beirarrúa. Existe, ademais, un chanzo no acceso ao interior do inmoble que non forma parte da estrutura orixinal.
A solución adoptada consiste na eliminación do dito banzo e rebaixa-lo nivel da beirarrúa ata que quede á par do bordo que conecta co paso peonil. E, mantendo a carpintaría da fachada, instalarase un pórtico de cristal con sensor de movemento. O proxecto tamén inclúe a remodelación do itinerario que enlaza a porta principal co ascensor que se atopa na parte ampliada da edificación. É dicir, a rampla que conecta as oficinas co anexo verá reducida a súa pendente a un 10% acorde coas súas dimensións e pecharase a Área do Rexistro cunha cristaleira.
Con este conxunto de medidas búscase, en palabras de Santos, “a accesibilidade universal, cumprir coa lexislación de acceso aos edificios públicos, mellora-lo aforro enerxético e reduci-la contaminación acústica.”
A actuación está presupostada nos 19 767’54 euros, IVE incluído, sufragada nun 70% cunha achega da Consellería da Presidencia e o resto con cargo ás arcas municipais. Será executada pola empresa CYS
Hispania S.L. e concluirá entre finais do mes de setembro e principios de outubro.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...