Protección Civil da Pobra dará o pregón do Nazareno

09 Setembro 2022

As festas do Nazareno arrancarán na Pobra do Caramiñal no 16 de setembro, ás 21.00 horas, co
pregón dende o balcón da casa consistorial. O alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), anuncian que neste ano decantarase polas persoas voluntarias da
Protección Civil pobrense polo traballo “encomiable e necesario” que realizan dende a fundación do equipo.
Con esta decisión búscase recoñece-lo labor que realizan ao colaborar nos numerosos eventos que organiza a Administración local, na recollida de animais abandonados ou na atención de accidentes e inundacións. O esforzo tamén se intensificou durante a pandemia, co repartimento de alimentos ou a desinfección de espazos, entre outras tarefas que levaron a cabo.
O rexedor fixo fincapé na súa intervención durante os incendios, pois “a súa actuación foi tremenda e se non fose pola agrupación igual teriamos que falar de maiores danos materiais.” Sinalou así que o Concello destina 6.000 euros anuais para a adquisición do material que precisan nos seus
operativos, porque “queremos unha agrupación de voluntariado forte e cada vez mellor preparada e máis dotada para que cumpran con tódolos seus obxectivos.”
A edil apuntou ao simbolismo que terá este pregón, xa que ao longo do confinamento a cidadanía saíu ás fiestras aplaudir ao persoal sanitario, corpos de forzas e seguridade e voluntariado, e agora será o equipo o que saia ao balcón do consistorio para recibir o agradecemento da sociedade dende a rúa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.