As XXIV Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán xa contan co cartel anunciador

09 Setembro 2022

Xa temos obra gañadora no concurso de carteis para a promoción das XXIV Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán impulsado pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE). A lámina presentada por Sara Martínez Narváez impúxose finalmente no certame.

Francisco Javier Caamaño, María Martínez, Aida López, Xoán Fernández e Paola García integraron o xurado, vencellado ao ámbito do deseño e da cultura, que acordou no 8 de setembro outorgar a distinción a esa obra, por destacar “a orixinalidade e o impacto visual que lle transmite a este xurado, pola utilización dunha linguaxe moderna e actual.”

O premio consiste na publicación da lámina e unha dotación económica de 700 euros, do cal se fará entrega no día da presentación da nova edición das xornadas dedicadas ao intelectual.

Ademais, realizarase unha futura exposición cos 17 traballos presentados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.