
O Concello de Ribeira informou de que ata o día 9 de setembro está aberto o prazo extraordinario de matrícula do IV Ciclo da USC.
Todas as persoas maiores de 50 anos que o desexen poden formalizar a súa matrícula na páxina web da Universidade de Santiago. Quen soliciten por primeira vez a súa matrícula poden dirixirse ao Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira de luns a venres de 8 a 14 h para cubrir os datos da preinscrición que se enviarán á USC, ao agardo da alta como novo/a alumno/a e a correspondente folla de pagamento de taxas.
A formación universitaria a partir dos 50 anos é posíbel en Ribeira grazas ao convenio asinado en 2019 entre a USC e o Concello. A creación dunha sede universitaria do IV Ciclo dirixida a persoas maiores de 50 anos, promove a formación continua, a democratización dos estudos universitarios…, en definitiva a universalización da formación universitaria trasladándoa da capital de Galicia á cabeceira da comarca do Barbanza.
Este curso 2022-2023 a oferta formativa na sede de Ribeira do IV Ciclo da USC é a seguinte:
| SEDE DE RIBEIRA 2022/23 | |||||
| MATERIA | DOCENTES | CR | DATAS | DÍA | HORARIO |
| 1º cuadrimestre | |||||
| Historia do Pensamento: Introdución á Filosofía de Oriente e Occidente | Rocío Carolo Tosar Alba Iglesias Varela | 3 | Luns | 17:00-19:00 | |
| Literatura Galega | Ánxela Rodríguez Rodríguez | 3 | Martes | 17:00-19:00 | |
| Actividade Económica e Empresa | Justino Bastida Calvo Eva López Barrio | 3 | Xoves | 17:00-19:00 | |
| 2º cuadrimestre | |||||
| Fundamentos de Bioquímica humana | Jaime Gómez Márquez | 3 | Luns | 16:30-18:30 | |
| Historia da Medicina e da Ciencia | Fernando J. Ponte Hernando Mª Carmen Manresa López | 3 | Mércores | 16:30-18:30 | |
| Historia da Pintura | Malena Correa Freitas | 3 | Venres | 16:30-18:30 |



