A Pobra proxecta un filme sobre Moncho Reboiras no Mes da Galiza Mártir

24 Agosto 2022

O teatro cine Elma albergará no 25 de agosto, ás 20.00 horas, a proxección do filme Reboiras.
Acción e corazón, de Alberte Mera; acto que contará coa presenza de Xesús Seixo, presidente da Fundación Moncho Reboiras, e Uxío Breogán Diéguez, apoderado da institución.
A dita longametraxe leva á pantalla un retrato de Moncho Reboiras dende a vertente humana e política. A súa vida e o seu pensamento son recreados a través de entrevistas a 28 testemuñas que compartiron con el distintas etapas da súa traxectoria vital. Inclúe, ademais, filmacións históricas e revive as súas últimas horas mediante secuencias de ficción.
Esta acción adscríbese á programación do Mes da Galiza Mártir posta en marcha pola Concellaría da Memoria Histórica da Pobra do Caramiñal, da cal é titular o edil Xabier Santos (BNG), e que tamén incluíu unha representación teatral, unha ofrenda floral e a exposición do bosquexo da escultura pola memoria histórica prevista para inaugurar a finais de ano.
A entrada é libre ata completa-la cabida.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.