A actriz, narradora e escritora Raquel Queizás estará esta semana en Boiro para achegar un novo espectáculo de contacontos para público infantil e familiar. Será este venres 29 de xullo ás 12.00 horas na praia de Barraña, a carón do Edificio das Colonias de praia Xardín. Trátase do espectáculo Cómica da lingua, na que unha cómica ambulante que transita polo Camiño de Santiago portando a nosa rica tradición oral. Da súa boca abrollan ditos, trabalinguas, adiviñas, contos e lendas. Onde a amizade, o amor, o bo humor, o enxeño e a intriga danse a man.

Dirección e interpretación: Raquel Queizás.
Artefacto escénico e monicreque: Titereluis
Espazo sonoro:
Tous les matins….Ultreia. Letra e música de Jean-Claude Benazet.
Versións instrumentais de Alex González
Coral de Bienvenida de José Ignacio H. Toquero.
Deseño cartaz e web: Daniel Piñeiro
Duración do espectáculo: 50m
Público: Nenas e nenos a partir de 3 anos. Público familiar.



